Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

24/04/2007

Visita de Rubén Cela a Ordes


Rubén Cela, actual Director Xeral de Xuventude na Xunta de Galiza e antigo Responsábel Nacional de Galiza Nova, visitará este mércores 25 de Abril ás 20:30 da tarde o noso Concello. Esta visita ten dous obxectivos principais:

Por un lado, ter unha charla cos membros da protección civil de Ordes co fin de informar sobre o Plan de Voluntariado para a Defensa dos Montes Galegos.

E por outro bando, ter unha charla con representantes dos grupos de musica de Ordes co fin de contemplar a posibilidade de incluir Ordes na Rede Galega de Locais de Ensaio e buscar unha posíbel ubicación para dito local. Ademais pretendese nesta charla coñecer as eivas que teñen ditos grupos, responder perguntas e mesmo dar información sobre futuras subvencións.


Nenhum comentário: