O pasado sábado tivo lugar o pleno de investidura do novo alcalde: Manuel Regos.
Dende o BNG tentouse por todos os medios posibles un cambio real na política municipal, as nosas negociacións poselectorais estiveron sempre centradas nun cuatripartito (PSOE, NA, TEGA E BNG) que conseguiría modificar a mala situación do Concello e deixar fóra do poder ós que durante vinte anos estiveron malgobernando o noso pobo.
Grazas á nula disposición e colaboración do PSOE e de Esther Couto ese cambio tan agardado por moitos non se puido producir.
O BNG e a súa organización xuvenil: GALIZA NOVA seguirán a traballar sen descanso dende a oposición para que Ordes avance e para que a mocidade conte e teña voz no concello ó longo dos próximos catro anos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário