14/09/2007
Vertidos no Río Cabrón
Como se pode comprobar na foto, hoxe Venres 14 de Setembro de 2007, as augas do río Cabrón baixaban cunha cor blancuzca e desprendendo un olor raro. O feito foi descuberto as 11:45 da mañan por Pablo Vidal Ríos, militante de Galiza Nova en Ordes, o cal tratou de buscar a orixe do vertido. O rastro levouno ata a piscina municipal no campo da feira. Ante a imposibilidade de inspeccionar o tramo cuberto, Pablo chamou á Policia Local as 12:00, para que foran investigar os feitos. Por desgraza cando a Policia Local chegou ó lugar as (12:10), as augas baixaban algo turbias pero sen esa cor blancuzca. Os axentes inspeccionaron o río pola zona do muiño, lugar por onde as augas baixaban con normalidade. Estes datos revelan que os vertidos proceden das inmediacións da piscina, anque non se pode demostrar con total certeza por estar o tramo cuberto.
Galiza Nova, a través do grupo municipal do BNG, requerirá ó goberno municipal presidido por Manuel Regos, que se fagan as investigacións pertinentes para determinar a orixe do vertido. Consideramos que é inadmisibel que Ordes eté a sufrir continuamente vertidos contaminantes no seus ríos, o que constitue unha grave agresión ao medio ambiente, ademáis de ser potencialmente perigoso para a saúde dos veciños/-as do noso concello ao afectar á potabilidade da auga.
Máis información nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
33 comentários:
E ti tes aspiracións políticas? pois como fales tal e como escribes... vas moi mal, amigo. E ademais da maneira de redactar, moita galiza nova moito tal e escribes vertido en lugar de verquido, mañan en lugar de mañá, blancuzca... sufrir... inadmisibel sen til... e que o dos tiles é unha pasada... se pos til nos "ó" , tamen o deberias poñer en "ás". En fin... moi boa a intención de poñer a nova e tal e cual, que tampouco é que estea de acordo con que o poñas no blogue dunha sociedade, estaría ben que o puxeses no teu blogue persoal, e que a sociedade, facéndose eco da nova, escribise un comunicado, anunciando as medidas que tomará. En fin, con esa maneira de redactar, e as faltas de ortografía, se vós sodes o futuro do BNG, como será o do PP...
P.D.: parece un conto de Teo. Teo e os verquidos ilegais.
Grazas polo seu comentario.
Xa vexo que para vostede é mais importante escribir ben que denunciar graves feitos como son os vertidos no río. Dacordo que a ortografia é importante e tomamos nota da sua crítica.
"tampouco é que estea de acordo con que o poñas no blogue dunha sociedade, estaría ben que o puxeses no teu blogue persoal"
Pois daquela carece de senso que Galiza Nova teña un Blogue, segun vostede cada militante debería ter un blogue persoal e ires publicando novas. Daquela tamen debería facer así o PSOE no seu e o resto dos partidos nos seus respectivos lares. Non comparto a sua opinión, este blogue está para informar á sociedade de actos, novas e feitos, e é o que se fixo ata o de agora e o que se seguirá facendo. Saudos!!
Simplemente penso que o blogue dunha sociedade, está para expoñer actos, iniciativas, desexos, etc. relacionados coa asociación en cuestión. Por iso dixen que estaría mellor que o puxese no seu blogue persoal, e a sociedade se fixera eco, pero centrándose nas actuacións a realizar pola sociedade ó respecto.
Se nas paxinas web de sociedades, todos os membros puxesen o que lles parece importante... acabaríamos mal. Non fales do que deberían facer os demais, e faino ti primeiro. Sempre son recordados os precursores. Se o fixerades da miña maneira, con un pouco de elegancia, gañaríades bastantes apoios. E non me trates de vostede, que non son un vello.
P.D.: Por máis que cho din, segues coas faltas. Mesturas palabras "cultas" coma senso, con gazapos dignos de analfabetos funcionais. Tomaredes nota, pero non utilizades a crítica constructiva para nada. Permanecerei atento por se ides mellorando....
Eu non sei a que ven a crítica de anónimo... foi unha actuación dun militante de Galiza Nova e é lóxico que o coloquen no seu blog.
Anda que non hai sitio no blog para por isto e tódalas cousas que este anónimo considera "importantes"!! (Algo máis importante ca saúde!!!)
Noraboa á xente de Galiza Nova por dita actuación, seguide así.
Gracias.
Noraboa ó primeiro anónimo pola súa crítica.
Ten razón o anónimo criticando as faltas de ortografía, non me gustaría estar representado por alguén que non sabe escribir, porque pensarían o mesmo dos demais membros
Cando llova é auga vaia para o rio chea barro tamen diredes que esta contaminado. Sodes pateticos, estades moi jodidos de como agora sí en este puto povo temos un concello sensibilizado co medio ambente. No me extrañaria de vos calquera cousa, incluso que tiredes os rios carburo. Por certo Pedreira esta a traballar arreo é se forades serios e responsabeis deberiades de ser solidarios co seo traballo
Resposta ao último anonimo:
Segun a versión do Concello, ese mancha detectada no rio proviña da limpeza dunha rúa. Os residuos que se atopan nas ruas, son case sempre, terra, áridos e marcas de rodas dos coches. Eses residuos xeran na auga manchas de cor branca? non, en todo caso manchas de cor marrón ou tonos escuros.
"Cando llova é auga vaia para o rio chea barro tamen diredes que esta contaminado"
Fagolle unha pregunta agora a vostede. Venres 14 de Setembro de 2007 choveu? choveu nos dias anteriores? É evidente que non.
"agora sí en este puto povo temos un concello sensibilizado co medio ambente. No me extrañaria de vos calquera cousa, incluso que tiredes os rios carburo. Por certo Pedreira esta a traballar arreo é se forades serios e responsabeis deberiades de ser solidarios co seo traballo"
Á primeira parte deste recorte do seu comentario non imos repostar pois é unha cousa que non se lle pasa pola cabeza a unha persoa cun pouco de intelixencia. Á segunda parte si respostamos.
Xa estamos a colaborar, e logo se se detecta un vertido no río, que se fai? calar a boca e finxir que non pasou nada ou informar á sociedade do que pasou?
Recordolle que o señor Pedreira no pasado denunciou vertidos noutros rios ao igual que o fixo noutras tantas veces o BNG. Esta critica é aplicable a eles tamen, non?
Por certo informarlle que na última limpeza do río Cabrón organizada por Tarandeira coa colaboración do Concello, Galiza Nova aportou xente para a limpeza, xornada na que se botou de menos moita xente, quedando demostrada esa "sensibilidade" do Concello co medio ambiente.
Sen mais e agradecendo os voso comentarios. Un Saudo!
Resposta miña, quen debera de respostar debera ser Concello, cicais non len este blogg, como veciño do campo da feira vin como estaban a lavar a rua campomaior e esa auga foi o rio , era de cor blanco por ser dise cor o polvillo, si preguntasedes os veciños Pablo non meteria a pata.
Cando foi a lempeza do rio, amijiños contade a verdade, vindo de mercar do super vin a camioneta do Concello baixando ferros e botas para a lempeza e vin a Pedreira, concellal de medo ambente cas botas e un ferro, non sei por canto tempo sera concellal de medo ambente pois aguantar toda a desfeita que deixou Martino en medoambente debe ser matador, enriba vos empezades a dar caña os dous meses.
Se queremos un Ordes sostible medo ambentalmente iste pode ser o momento, pois con Pedreira, polo que teño entendido, pode calquer traballar, deso preguntade os de Tarandeira.
Pareceme ridiculo que se veña a presumir de se foi xente de galiza nova ou non limpar o rio, que eu saiba e unha actividade voluntaria e moito menos se mostra a sensibilidade dese xeito e menos ainda presumindo
pero claro, haino que anunciar, para facerse ver, porqe eu ata o de agora non sabia que habia galiza nova en ordes, na sua puta vida fixeron nada interesante, cando en outros lugares, esa asociación ten tido iniciativas moi solientables. Vese que neste pobo o nacionalismo está moi pero que moi mal.
sera outro instrumento da upg que xa sabemos en ordes como funciona
En 1º lugar, eiqui ninguen terxiversou nada, na opinión vese con claridade que dixemos "coa colaboración do Concello", polo tanto non sabemos a que ven a opinión dicindo que mentimos. É certo que aquel día veu o sr. Pedreira, pero botouse de menos outra moita xente.
En 2º lugar ninguen presume eiqui de colaborar coa limpeza do río, mais ben tratase de dar exemplo e colaborar nunha actividade que é polo ben de todos. A todos/-as lles gusta ver o río limpo e ben coidado, pero case ninguen se molla para limpalo. E se nos concienciamos todos/-as do tema, non habería nin que limpalo.
En 3º lugar, vese que o tema do vertido é serio, porque senon non viria "tanta xente" a criticar a Galiza Nova. É curioso ver o medo dalgunha xente a que esta organización xuvenil empece a traballar e funcionar e ver os agurmentos e recursos que eiqui se chegan a utilizar para desprestixiar a esta organización. Iso nos da moitos folgos para seguir adiante. Grazas polos vosos comentarios. Un Saudo!
como siga traballando asi, medo non, risita
Eso de que o vertido e serio, dame a risa, serio si o de Melide Concello gobernado polo BNG e que Galizanova esta caladiña. Estou dacordo ca opinion que este governo ten mais sensibilidade, mil veces mais que nos governos do PP,non coñezco persoalmente a Pedreira pero asombrame a sua sensibilidade polo medio ambente, teño gañas de falarlle e explicarlle cousas que me parecen de utilidade para consevar o ecosistema en Ordes.
Non vou respostar ás parvadas que se din con anterioridade.
Pero é que o do último anónimo!!!
Non sabía que só con veres un vertido xa sabes se é serio ou non: creo que nas facultades de Ciencias de Medioambientais estarías moi ben aproveitado!!!
Detectouse un vertido, que se debe facer? DENUNCIALO. Porque isto non debe molestar a ninguén, porque estamos a falar de cousas serias.
Que ó final non é nada? Pois mellor para todos.
Estes comentarios recordanme iso de: "2 o 3 hilillos de..."
¿Por que fastidia tanto?
Ben agradecidos que debiamos estar todos.
O que pasa é que neste concello premiase máis ós lamecús, que ós que lle botan pelotas e denuncian os problemas que existen.
E quero recordar que Pedreira cobra uns cartos, e que supoño que non tardou 2 meses en cobralo.
Asi que, que traballe.
Parece que o novo goberno non lle gusta que se diga a verdade, ¿Que pasa, hai que ver e calar? moito progresista, pero está claro que neste pobo seguimos igual, ou pensas coma eles, ou estate caladiño senon xa sabes..... E verdade, xa non me acordaba, PSOE, PP, a mesma ....e.
Grazas Pablo por o que traballas, algún vive pensando no cultureta que é, pero traballar non sabe ainda de que se trata.
Un saudo, e ánimo a Galiza Nova de Ordes.
Si o Psoe e PP a misma merda é QUE FAI O BNG governando co Psoe, logo podriamos dezir PP=PSOE=BNG= MERDA.
O que se comenta sobre a participación de Pedreira na limpeza do río Mercurín, para min e un maís, se quere tomalo así, e senón que non vaia, porque supoño que en Tarandeira faranse as cousas polo respecto e compromiso que teñen polo medio ambiente e a natureza, non por saír na foto.
Adiante Pablo,todos os que te coñecemos sabemos o que traballas, algúns fixanse moito nas tildes, pero de baixar o lombo nada de nada. Soio saben falar. (perdón, nin falar).
Un saúdo.
Pois se podedes explicar en que traballa tanto galiza nova como pablo estaria ben porque eu non sei nada, ademais, que saberedes vos se os anonimos que escriben aqui son traballadores ou non, descalificacions infantis tanto por unha parte, como por outra...
"E quero recordar que Pedreira cobra uns cartos, e que supoño que non tardou 2 meses en cobralo."
"O que se comenta sobre a participación de Pedreira na limpeza do río Mercurín, para min e un maís, se quere tomalo así, e senón que non vaia". Xa temos un pin pun para galizanova, que Pedreira se vaia preparando, xa teñen un inemigo a vatir. Consello para Suso " non traballes tanto en ecoloxia traballa en no fazer nada e así nadie se metera contigo amijiño"
pareceme que aqui os unicos que estan lambendo o cu son os de galiza nova ós cabecillas do actual bng ordense.
Pedreira non ten ningún inimigo en Galiza Nova. Ó contrario ben debía agradecer que sen den avisos á policia local cando alguén se atopa cunha situación deste tipo.
Pero bueno parece que aquí estamos todos mellor caladiños. Se se bota purín, ou disolventes ou calquera outra cousa a un río... Non dicir nada non vaia ser que se nos moleste a xente!!!
A quen lle pareza mal o da denuncia do vertido é porque non está preocupado polo medioambiente.
Máis ben anda preocupado en defender ós políticos que lles son afíns.
¿Que ten de malo poñer en coñecemento da Policía Local o do vertido?!!
Sinceramente todo isto pareceme unha discusión de parvos.
Gracias xente de Galiza Nova.
Anónimo da primeira opinión, criticas como escreben os rapaces de Galiza Nova, cando non tes nin puñeteira idea de ortografía en galego.
Para a túa información "verquido" non existe no Diccionario da Real Academia galega, existe "vertido" como ben escribiu Pablo, "sofrir" tampuco existe no diccionario da RAG existe "sufrir" como ben escribiu Pablo.
Despois falas de "til", sabes o que é o til?, o que leva enriba o ñ, do que ti falas chamase "acento".
Falar por falar, sen ter nin idea, iso é o que fas tí. Menudo "listillo" estás feito anónimo.
MOITO ÁNIMO RAPACES, SEGUIDE ASÍ. FAI MOITA FALTA QUE HAXA XENTE MOZA QUE SE PREOCUPE E SE COMPROMETA CO SEU POBO E CO SEU PAÍS.
FELICITACIÓNS A TODOS OS/AS MOZOS E MOZAS DE GALIZA NOVA DE ORDES. XA ÍA SENDO HORAS DE QUE A MOCIDADE TIVESE XENTE ORGANIZADA TRABALLANDO POR ELES.
BRAVO GALEGO!!! Acabas de deixar como un parvo ao anónimo que escribiu o primeiro comentario e aos que escribiron despois felicitandoo poloseu comentario.
Menudo parvo o anónimo, critica como escribiron a noticia os de Galiza Nova e resulta que o que non ten nin idea de escribir en galego é él.
JA, JA, JA,...COMO O PILLACHES "GALEGO".
viva a limpeza do rio ca ca ca ca cabrón!!
pa diante Pablo e nn fagas caso os comentarios de xente que nn ten nin puta idea de nada e que so fala por falar e pk nn ten nada que facer.
ESTAMOS CONTIGO!!
Rapaces de Galiza Nova, menos lerias e un pouco máis de seriedade. Tedes que aprender ortografía e tamé xeografía. O río que pasa por Ordes non é o Cabrón. O Cabrón é o que baixa de Ardemil por Poulo e Santa Cruz, e que logo desemboca no Lengüelle.
NON É MAIS LIMPO O QUE MAIS LIMPA, SE NON O QUE MENOS EMPORCA
Pois eso non o deberon ter en conta a hora de darlle a bandeira verde ao noso Concello. non crees??
Postar um comentário