Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

24/12/2007

Galiza Nova reunese co Director Xeral de Xuventude

Reunión de Galiza Nova e o grupo municpal do BNG co Director Xeral de Xuventude

O vindeiro Mercores 26 de Decembro, Galiza Nova manterá unha reunión cos grupos de musica de Ordes, como xa anunciou o pasado dia 23 "La voz de Galicia".
Na reunión comunicaraselle aos grupos, que o pasado dia 12 de Decembro a asamblea local de Galiza Nova, xunto co grupo municipal do BNG, tuberon unha reunión co Director Xeral de Xuventude, na que este se comprometeu a dotar a Ordes dun local de ensaio se o concello cede un local de propiedade municipal. Cabe destacar, que a totalidade dos custos para facer o local de ensaio, serían asumidos pola Dirección xeral de xuventude, polo que o concello non tería que asumir ningun coste. Ademais, estando o local adherido á rede galega de locais de ensaio, disporía anualmente de unha subvención para renovar e mercar novos instrumentos e equipos musicais.

Outro dos obxetivos da reunión, é estudar cos grupos que local consideran mais axeitado para local de ensaio.

Tamen queremos anunciar, que para o próximo pleno de Xaneiro, Galiza Nova presentará unha moción no concello, mediante o grupo municipal do BNG, para solicitar a adhesión de Ordes á rede galega de locais de ensaio e que o Concello, lle ceda un local á dirección xeral de xuventude para que esta leve a cabo as obras necesarias para que Ordes teña por fin, un local de ensaio.

Nenhum comentário: