Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

24/01/2008

Visita ó local de ensaio de Boiro.

Inauguración do local de ensaio de Boiro por Quintana e o alcalde nacionalista Deira.

O próximo sábado, 26 de Xaneiro, os grupos de música de Ordes e os membros de Galiza Nova visitaremos o local de Ensaio de Boiro.
Este local foi inaugurado en Decembro de 2006; contando con 200 metros cadrados distribuidos en tres salas de ensaio, completamente insonorizadas e equipadas, e un estudo de gravación; despois dun investimento de 60000 euros.

Esta actividade responde as xestións que dende Galiza Nova estamos a levar a cabo para dotar ó noso concello dunha infraestructura onde a mocidade ordense poida ensaiar e gravar a súa música.

Neste senso, dende a organización xuvenil do BNG xa mantivemos reunións co Director Xeral de Xuventude e Solidariedade (o nacionalista Ruben Cela) que adquiriu o compromiso de sufragar os custos da instalación do local, e cos grupos de música de Ordes.
Asimesmo, no pleno municipal do próximo luns, o grupo municipal do BNG presentará unha moción na que se solicitará a adhesión do concello á Rede Galega de Locais de Ensaio, asi como a cesión dun local á Dirección Xeral de Xuventude para que proceda a súa habilitación.

Nenhum comentário: