Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

26/02/2008

MOCIÓN DE TRANSPORTES


No pleno municipal do luns 25 de Febreiro, aprobouse unha moción sobre o transporte colectivo no Concello de Ordes, presentada polo Grupo Municipal do BNG a petición de Galiza Nova.

Coa moción fixose referencia ó lamentable estado no que se atopa o transporte colectivo en Galiza e acordouse, por unanimidade, o seguinte:

1. Solicitar da Xunta de Galiza que inste ao goberno do Estado ao estabelecemento do servizo ferroviario de proximidade en Galiza, nomeadamente no Eixo Atlántico, e a súa posterior transferencia a esta comunidade.

2. Instar á Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte a que revisen as concesións das liñas que afectan ao noso concello para a que se aumenten as seguintes frecuencias: A Coruña – Ordes 22:00 (Saida desde A Coruña). Santiago – Ordes as 22:00 (Saida desde Santiago).
e se rebaixen os seguintes billetes: Ordes – Santiago e Ordes – A Coruña

3. Instar á Consellaría de Política Territorial Obras Públicas e Transporte á potenciación da intermodalidade entre o transporte colectivo por estrada e o transporte ferroviario, conectando as estacións e os apeadeiros ferroviarios coas liñas de autobuses.

4. Solicitar á Consellaría de Educación e á Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte a gratuidade do servizo de autobús para estudantes de primeiro e segundo de Bacharelato dos seguintes centros do concello: I.E.S. Nº1 de Ordes e I.E.S. Nº2 de Ordes.

5. Solicitar á Consellaría de Educación e á Consellaría de Política Territorial Obras Públicas e Transporte, que se cumpla a gratuidade do transporte escolar para alumnos de ESO, independentemente do Instituto do Concello ao que acudan.

6. Solícitar á Consellaría de Educación e á Consellaría de Política Territorial Obras Públicas e Transporte o servizo de transporte compartido; coa finalidade de que as persoas que non señan estudantes e non dispoñan dunha boa rede de transporte público, poidan acudir ao pobo nesa liña.

7. Solicitar as empresas que xestionan as liñas do transporte escolar, que amplien as mesmas para disfrutar dun servizo mais eficiente.

Nenhum comentário: