Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

21/05/2008

AS ENCROBAS, A CEO ABERTO.


O próximo venres 23 de Maio ás 20:00h no Pub Arcos, proxectaremos o documental AS ENCROBAS, A CEO ABERTO (dirixido por Xosé Bocixa).

O documental basease nos enfrontamentos que tiveron lugar na parroquia das Encrobas (do concello veciño de Cerceda) cando, no ano 1977, a empresa Limeisa, filial de Unión Fenosa, tentou facerse, a prezos moi baixos e incluso mediante expropiacións forzosas, coas terras baixo as que se albergaban miles de toneladas de carbón.

NON FALTES!

Um comentário:

AFP disse...

É umha mágoa que nom me seja possível assistir pola distáncia que hai, mas bom conformarei-me com escoitar a cançom das Encrobas de Fuxan os ventos. Umha aperta desde Chantada e seguide trabalhando assí. Saúde e terra!