Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

30/07/2008

LOCAL DE ENSAIO XA!


Galiza Nova apoiou ós grupos de música do concello, que se manifestaron no pleno municipal do día de onte mediante unha pancarta e camisetas nas que se podía ler: LOCAL DE ENSAIO XA!
A reivindicación dun local de ensaio para Ordes xa non é nova. Galiza Nova xa ten conseguido o compromiso do Director Xeral de Xuventude: o nacionalista Ruben Cela para o financiamento da infraestructura, e no pasado mes de febreiro levouse a cabo, baixo a iniciativa do BNG e a súa organización xuvenil, a aprobación dunha moción na que se acordaba que o goberno ordense solicitara unha subvención á Dirección Xeral de Xuventude para o acondicionamento do local.
O goberno, esquecendose de novo da mocidade, non ten feito nada ata o momento para cumprir o acordo.

20 comentários:

Anônimo disse...

Moi ben feito rapaces!! moito ánimo e seguir asi, menos mal que ai alguen que se preocupa pola xente nova do concello. Eu seguin o pleno pola radio e non tiña nin ideea de que os grupos se iban xuntar para facer o que fixeron, sabendo antes estaria ali, apoiandoos e para ver a cara dos que prometen e non cumplen.
Que teñades moita suerte e que consigades o que vos prometeron.

Anônimo disse...

Si queren local para a comarca que poñan o local os outros concellos.ORDES SEMPRE PAGA TODO

Anônimo disse...

Deberias informarte un pouco. Ordes tería que ceder un local de propiedade municipal á dirección xeral de xuventude para que esta fixera as inversións necesarias para acondicionalo e transformalo nun local de ensaio.

Pero o local mais axeitado (antigo centro médico) está ocupado polo gran museo do traxe polo que o único local decente é a escola de música. O problema consiste en que para poder ter espezo suficiente habería que darlle unha altura mais.

O concello sal cun informe técnico dicindo que é imposible reformalo, para eso non fai falta ningun informe técnico, é lóxico que con cerchas non se pode dar unha altura mais. Terían que retirar as cerchas e no sitio construir uns pilares de formigon, botar unha placa, e logo pilares por riba, outra placa e a cuberta.

"Si queren local para a comarca que poñan o local os outros concellos"

e desprazarse a xente de Ordes a Trazo por exemplo para poder ensaiar, e os/-as rapaces/-zas que non teñen coche, que?

Con posturas como esta non me extraña que en Ordes nos vaia así...

"ORDES SEMPRE PAGA TODO"

Xa me explicarás que queres dicir con eso, que pagou Ordes ata o de agora??

(bueno, a parte de sufrir o percorrido dos camions de Sogama polo pobo e os cheiros do seu paso, e dos vertedoiros de Cerceda)

Anônimo disse...

Pablo Vidal os de Trazo ou Frades que non teñan coche en que veñen? en burro, ou nos coches de SEAGA!! Non decatas que eres sectario e soio miras os teu interes??.
Por certo, pasan por Ordes camions moi perigosos (os de Sogama son xugetes en comparación ) e o BNG nin sequera se entera, sabedes que é o etileno, sulfurico, metano, etc. pois pasan por Ordes cantidade, peo vos estades a outra bola, adorando o becerro de ouro, al gran Mao Zalo.

Anônimo disse...

Anónimo, na miña modesta opinión, os de Trazo ou Frades, que veñan á pata coxa ou enriba do lombo do compañeiro, eu son de Ordes, e como Ordense, se podo ter unha alternativa de ocio aqui non o dubido, ou quedo quieto coma unha araña, agardando a que o fagan os outros.

Ordes é cabeceira de Comarca e polo tanto o local de ensaio debe estar aqui. Pero ante a pasividade do Concello, moito me temo que acabe en Cerceda por exemplo.

Anônimo disse...

Anónimo, hai 3 semanas que un sábado á noite, non se aguantaba co cheiro no entorno do cruce debido a un verquido no Recreo dun camión de Sogama.

Quen nos garantiza que o que se verteu non era unha sustancia perigosa?! E os que alía estabamos apandamos co cheiro, calquera sabe o que nos entrou polos pulmóns.

Por certo lee o RD 551/2006 e infórmate un pouquiño.

Ah por certo é o BNG o que leva solicitando a circunvalación!!!

Anônimo disse...

Rapazzoloo cheiro das noites seran mais perigosas os dos efluvios etilicos que tantas mortes de xovenes producen. Os rapaces de Fuerza Nueva de Galiza soio debedes seguir o GRAN TIMONEL ZALO MAO e con él non vades ter ningua dubida cousa que con Ramiro non é exemplo a seguir.

Anônimo disse...

"os de Trazo ou Frades, que veñan á pata coxa ou enriba do lombo do compañeiro, eu son de Ordes, e como Ordense, se podo ter unha alternativa de ocio aqui non o dubido, ou quedo quieto coma unha araña, agardando a que o fagan os outros."

E ti es nacionalista? Dades vergoña...

Anônimo disse...

Como muller nazonalista preocupame que algun compañeiro sea asiduo s Barras Americanas do pobo, da mala imaxen e bebedo mais. Pido que Asamblea rexeite este comportamento e pida a sua dimisión.

Anônimo disse...

A min dame que alguen que escribe nazonalista non pode ser nacionalista xa que e unha palabra que non existe

Anônimo disse...

Muller nacionalista, deberías ter cuidado coas acusacións e en todo caso se as fas decir a quen te refires.

Anônimo disse...

Muller Nazonalista acusar de algo sen probas (supoño, como soe pasar sempre nestos casos), e deixando caer as cousas así por así, dache unha gran creedibilidade.

Por certo, dis "compañeiro", e que eres unha muller "nazonalista", recordoche que como "afiliada que eres" podelo comentar en Asamblea cando queiras.

Un pouco de seriedade por favor.

Anônimo disse...

Pablo endexamais penseí que eras tan lambecú, das vergoña. Tí sabes como todo o povo quen é.
O TEU FUTURO E CHE BEN NEGRO.

Anônimo disse...

Non sexades tan inocentes para pensar que esta muller esta filiada ao bng, a min cheirame a unha persoa de outro partido que intenta chamala atencion de esta maneira. O simple feito de se chamar a si mesma nazonalista xa a delata

Anônimo disse...

Esta muller parece mais ben do OPUS, cada muller como cada home fai co seu corpo o que lle pete

Anônimo disse...

Esta muller parece mais ben do OPUS, cada muller como cada home fai co seu corpo o que lle pete

Anônimo disse...

Eu non son lambecús, son un compañeiro de verdade. Non sei a quen te refires e dame igual, calquer compañeir@ sabe que ten en min todo o apoio do mundo.

Que non é afiliada, xa o sei, por elo puxen no anterior comentario "afiliada".

Dou vergonza, pois non o sei, eu estou agusto co que fago e pola calle ninguen me tira ovos, nin se ri de min.

O TEU FUTURO E CHE BEN NEGRO.

Dudoo moito, grazas a Deus recibin unha boa educacón, estou a punto de acabar os meus estudos universitarios, teño a sorte de ter unha gran familia e moi bos amig@s, desfruto con todas as actividades e "hobbys" que fago no meu tempo libre, penso que son moi afortunado nesta vida.

Anônimo disse...

Pablo ,Pablete que todos nos coñecemos neste misero povo, psicoanalisis e veras o teu destino como as das estrelas que están moi preto dos buracos negros que non só sofren a tremenda gravidade do buraco, senón que o proceso pode iniciar unha explosión nuclear que desgarra á estrela desde dentro.

Anônimo disse...

Bueno, pois vendo que ten unha gran confianza como para decirme Pablete, e como ben di, neste pobo (eu non o calificaría de misero), tod@s nos coñecemos; pois en vez de seguir esta maravillosa conversa (que non leva a nada, todo sea dito) a través do frío Internet, podiamola seguir tomando un café por ahí, así que se quere, algún día que me vexa pola rúa, parame e gustasomente (se teño libre ese momento) convidoo ou convidoa a un café e falamos do que queira, e incluso lle deixo que me siga psicoanalizando e me demostre os seus bastos coñecementos nese campo.

Saudos!!

IVAN disse...

son ivan! eu nin anonimo nin ostias, estou levando a cabo xunto cuns compañeiros outra recollida de firmas para facer o local de ensaio e se inda asi nn se fai creeme que nas proximas eleccions vai haber un cambio de goberno, se nn se aceptan as firmas faremos ver a zente q o sr regos non nos fai nin puta caso, xa tamos cheos de excusas, deixade de gastar cartos e mierdas de karting e en mariconadas e facede algo util. Recordovos que aqui os votantes somos nos, e de momento non vexo que pablo vidal este defendendo unha postura equivocada ou dixera algo falso. IMOS A POLO LOCAL SEA COMO SEA. nn ai negociacions sen feitos