Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

01/02/2009

XOVES 5: RUBÉN CELA EN ORDES.



O BNG sempre considerou á xuventude como un sector activo e preparado a quen lle hai que conceder protagonismo na construcción da sociedade.
Na Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (encadrada na Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar de Anxo Quintana) tiveron sempre presente que os mozos e mozas deste país temos moito que dicir, por iso, escoitáronnos, coñecendo de primeira man as nosas demandas, tomaron nota e, por primeira vez, fixeron políticas para a mocidade téndoa en conta.
O Director Xeral de Xuventude e Voluntariado: Rubén Cela, levou a cabo iniciativas necesarias e innovadoras (nalgún caso pioneiras en Europa). Pero, a pesares do esforzo realizado, aínda queda moito por facer.

Dende Galiza Nova, animámoste a participar nun acto organizado polo Bloque Nacionalista Galego de Ordes sobre MOCIDADE e políticas xuvenís no que participará o Director Xeral de Xuventude e Voluntariado: Rubén Cela.
Terá lugar o xoves 5 de febreiro, no Restaurante O Túnel de Ordes, ás 21:00 h.

3 comentários:

Anônimo disse...

Vaia peixe...

"Galiza Nova atope con la droga"

O nacionalismo galego non merece isto.

Anônimo disse...

jajajajaja!
esa foi boa!eu vino a el algunha vez q outra no avante (compostela), e como abaneaba!
pero bueno el tamén tera dereito a pasalo ben non?xD

Anônimo disse...

Eu ainda sei de algunha persoa á que lle ofreceu tomar uns "choios" á conta da Xunta...

O caso persoal dá o mesmo; o preocupante é a deriva ideolóxica da Gz Nova que, a día de hoxe, xa nen nacionalista nen de esquerdas é. Só un "trampolín" para facer méritos e aparecer nunhas listas electorais.

Por certo, amig@s de Galiza Nova Ordes, que vos parece a mani de Galicia Bilingüe do domingo?