DIA DA MULLER TRABALLADORA:
A celebración deste día vincúlase aos acontecementos que tiveron lugar en 1908, cando 129 mulleres costureiras dunha fábrica de Nova Iorque, morreron queimadas no seu lugar de traballo, cando estaban a secundar unha folga. Demandaban a igualdade salarial co home, a mellora das condicións hixiénicas, un tempo para a lactancia e a reducción da xornada laboral. O empresario negouse a dialogar coas empregadas e prendeu lume ás instalacións.
Nestes momentos de crise económica que está vivindo a sociedade, a defensa dos dereitos laborais das mulleres faise aínda máis imprescindíbel, xa que a reducción dos postos de traballo vai incidir de maneira particular sobre o emprego feminio, que adoita ser un emprego marcado pola precariedade e sen a cobertura suficiente ante o desemprego.
GN apoia as manifestacións e concentracións programadas pola Marcha das Mulleres na Galiza:
Agardámoste o domingo 8 ás 12:00h na Praza do Toural!
2 comentários:
Que concellal do Bng fara de anfitrion para as mulleres explotadas mulleres do BNG
uuUuuUuHH o BNG volve às ruas despois de pisar moqueta 4 anos!!!
Non se lastimen eh!
Postar um comentário