En setembro do pasado ano, tivo lugar a convocatoria de axudas por desprazamento a estudantes de ensino secundario obrigatorio, bacharelato, ciclos formativos e universitarios para o curso 2008/2009 do Concello de Ordes, sen que a día de hoxe exista ningún tipo de información sobre o estado no que se atopan as solicitudes.
Para Galiza Nova de Ordes é inconcibible que, cando faltan varios meses para o remate do curso académico e do período lectivo, as axudas non se teñan concedido nin exista ningunha información ao respecto.
Segundo a organización das mocidades do Bloque Nacionalista Galego de Ordes non ten sentido ningún convocar axudas para o transporte do estudantado, se se conceden fora do período lectivo, cando os mozos e mozas de Ordes xa non precisan desprazarse para acceder aos seus centros de ensino.
Por todo isto, Galiza Nova de Ordes reclama que o goberno municipal, dirixido por Manuel Regos, efectúe a entrega inmediata das axudas por desprazamento a estudantes, xa que é nun momento como o actual, marcado pola crise económica, cando máis se ten que apoiar á mocidade ordense, xa que os máis novos de Ordes constitúen o futuro do Concello, e deles dependerá a súa prosperidade no futuro.
3 comentários:
QUEN TEN QUE PAGAR AS AXUDAS É A xUNTA DE jALICIA NON OS CARTOS dOS oRDENSES, oS DO bng Que solten a jaliña xa chuparon do bote , A TRABALLAR LANVONS.
Quen ten que pagar é o goberno local dirixido por Manuel Regos, que para iso convocou as axudas.
QUEN PAGA O VIAXE A ARXENTINA DA VENENO E INTOLERANTE SILVIA ( CONCEJALA EDUCACION???) E REJOS . SERAN CAS BECAS NOSAS. PREGUNTADE NO PROXIMO PLENO, DIRAN COS SEUS CARTOS, JA;JA;JA; . Muller tamen poden ser das empresas constructoras da Alameda, Da area recreativa, do Campo de futbol OU DE VILLAVERDE E OUTROS EMPRESARIOS QUE COMEN XUNTOS.
Postar um comentário