Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

25/05/2009

Como facer para votar por correo nas eleccións europeas 09?


O vindeiro 7 de Xuño celébranse as eleccións Europeas.


Para Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, estas son unhas eleccións moi importantes porque durante estes anos Galiza non estivo representada directamente, nunhas institucións onde se van tomar decisións fundamentais para o futuro do noso país. Queremos contar co teu apoio para facer que Galiza, a través da representación do BNG, teña voz e voto en Europa. Para que as galegas e galegos esteamos representados e poidamos defender unha Europa dos pobos e democrática, que recoñeza a diversidade nacional, cultural e lingüística. Para impulsar unha Europa social e xusta contraria ao modelo neoliberal que causou a actual crise económica e a reforma do ensino a través do Plan Boloña. Para defender os nosos sectores productivos (o agro, a pesca, o naval…) como xeradores de emprego e riqueza en Galiza. É por iso que precisamos do teu apoio ao BNG, para avanzar nas necesidades e aspiracións da xente nova: no dereito a un traballo digno na propia Terra, no dereito a un ensino público, galego e de calidade, no recoñecemento oficial do galego na UE… Por iso che pedimos o teu apoio: para que ti contes, para que Galiza conte!!


Se vas estar noutra localidade do Estado Español diferente de onde che corresponde votar, podes votar por correo:


1. Ata o 28 de maio, vai a calquera oficina de correos co Documento de Identidade, e cubre o modelo para solicitar o certificado de inscrición no censo electoral. O enderezo que indiques será a onde che envíen toda a documentación.


2. Do 18 ao 31 de maio, remitiranche a documentación para poder votar ao enderezo que indicaches (certificado de inscrición, papeletas e sobre electoral, enderezo da mesa onde che corresponde votar e folla explicativa de todo o proceso).


3. Con esta documentación elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre de votación, logo métea noutro sobre co enderezo da mesa electoral, xunto coa inscrición no censo.


4. Ata o 3 de xuño tes de prazo para enviala por correo certificado e urxente.



*TODO O PROCESO É DE BALDE.


*UNHA VEZ QUE SOLICITAS O VOTO POR CORREO (AÍNDA QUE DESPOIS DESISTAS) IMPIDE O VOTO PRESENCIAL NA MESA ELECTORAL O DÍA DAS ELECCIÓNS.

6 comentários:

Anônimo disse...

MENUDOS NUMERO UN TEDES EN ORDES, ESTE QUERE SER ALCALDE ¿ PARA QUE? PARA FAZER EMPRESAS e CHUPAR DO CONCELLO.
ESTO OS VECIÑOS ESTANO A VER E PERCIBIR, COMO RAMIRO COS CENTROS COMARCAIS.
ONDE ESTAN AS XENTES DO BNG DE TODA A VISA DE ORDES, AVELINO, CRISTINA, CHARO, MANOLO RECOUSO,ETC...
SI O BNG NON TOMA OUTRO RUMBO EN ORDES VAI QUEDAR SIN UN CONCELLAL PARA AS PROXIMAS ELECCIONS.

Anônimo disse...

E ti non viches a resposta que dou Gonzalo na prensa?.

Dixo que as acusacións do PP son falsas e que vai denuncialos.

Os do PP non vades engañar á xente. Ademáis todo o mundo sabe que Gonzalo non necesita a política para vivir, non como outros que están no Concello.

Anônimo disse...

De toda a vida do BNG é Ramiro. Os demáis que citas non sei nin quenes son.

Ánimo Zalo, ánimo Ramiro, non van poder co BNG.

Anônimo disse...

"Dixo que as acusacións do PP son falsas e que vai denuncialos."

MULLER NON IBA DEZIR QUE ERA VERDADE, ¡CANDO TEÑAS CANAS PON A DENUNCIA ! APOSTAMOS.
OS MENTIREIROS COLLENSE MAIS PRONTO QUE A UN COXO

Anônimo disse...

Os do PP sabedes ben que en Ordes se vos acabou o chollo. Por eso atacades ó BNG. Sabedes que para as próximas hai un goberno BNG-PSOE ou PSOE-BNG en Ordes.

Acabousevos andar a chupar.

Anônimo disse...

Goberno PP e UXO con 12 Concellais, eso SI que e verdade.
BNG 1 concellal; Roberto 1, PSOE 3