Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

14/05/2009

Defende o galego!



Participa na mobilización en defensa da lingua galega deste domingo, 17 de maio!


A manifestación sairá ás 12 horas da alameda de Compostela.




Dende Galiza Nova e o BNG rexeitamos a política contra o galego que está a por en marcha o novo Goberno do Partido Popular, unha estratexia que obedece á dereita máis reaccionaria e centralista de Madrid e ás súas organizacións satélites en Galiza. Por iso, animámoste a que te manifestes con nos contra a derrogración do Decreto 124/2007 que pretende o novo Goberno do PP. Os dados reflicten unha continúa perda de falantes na nosa lingua, en especial na mocidade, e un incumprimento do número de horas mínimas en galego no ensino. Por iso, temos que esixir que se aplique o Decreto, para que os nenos e nenas poidan aprender o galego, manténdoo vivo cara ao futuro.

5 comentários:

Anônimo disse...

E o goberno de Ordes en contra de apoiar o idioma galego.

Gonzalo deixou en evidencia a Astray cando lle preguntou porque o ano pasado apoiaron os actos do 17 de maio e este ano non.

Se lle ve o plumeiro ó señor Regos, como agora goberna o PP na Xunta hai que volver á dereita.

Anônimo disse...

Silvia respostoulle de carallo, deixouno en evidencia. Silvia ten mais futuro que todos xuntos, sin ela Regos non sabria gobernar por que non sabe, evidenciouno- Silvia hoxe por hoxe e quen manda, Regos e a sua marioneta.Todas as reunions de calquera no concello ten que estar ela, Pedreira, Gonzalez e Astray nin se enteran do poder que exerce sobre Regos.

Anônimo disse...

Pero si Silvia non falou no Pleno. Ti soñaches.

Anônimo disse...

O que manda en Ordes é González. Que lle da mil voltas a Silvia en experiencia gobernando.

Anônimo disse...

é certo, gonzalez e o político con mellor dialectica de toda a comarca