Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

19/05/2009

GALIZA NOVA DE ORDES ACUSA AO GOBERNO MUNICIPAL DE SEGUIR A POLÍTICA LINGÜISTICA DO PP .


No último Pleno da Corporación Municipal de Ordes, celebrado a semana pasada, o BNG presentou unha moción en defensa da lingua galega na que se solicitaba o apoio ao “Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego”, un manifesto que non fai máis que lembrar a necesidade de respectar os acordos adoptados unánimemente polo Parlamento Galego para normalizar a nosa lingua nos diversos ámbitos sociais, manifesto que xa conta coa respaldo de maís de 600 entidades e de 20.000 persoas, así como de diferentes institucións, como os Concellos da Coruña, Ames ou Melide, entre outros.

Mais a iniciativa do BNG foi rexeitada polo goberno municipal, o que pon de manifesto o total desinterese do goberno de Ordes pola normalización da lingua galega e o recoñecemento do mesmo status legal que o castelán.

Para Galiza Nova “é lamentábel que o goberno municipal de Ordes se teña negado a respaldar o manifesto pola convivencia lingüistica, apoiando a política do Partido Popular, que pretende o desmantelamento de puntos básicos da oficialidade do galego”.

Para a organización xuvenil nacionalista, “a actitude do alcalde ordense, Manuel Regos, é deplorable, xa que non dubida en antepoñer os seus intereses, achegándose á política lingüistica do novo goberno do PP na Xunta, en lugar de defender a nosa lingua e a posibilidade da convivencia en igualdade dos dous idiomas.”

Para Galiza Nova é evidente que, despois das eleccións do 1 de marzo e da entrada do PP no goberno da Xunta, o goberno municipal de Manuel Regos ten cambiado a súa postura con respecto á normalización lingüistica, xa que no 2008 apoiou o Manifesto e a mobilización convocada pola Mesa pola Normalización Lingúistica con motivo do 17 de maio, negándose, sen embargo, a apoialo este ano.

Este cambio de postura, a xuizo de Galiza Nova, demostra que “o goberno de Manuel Regos está tentando facer xestos para achegarse ao novo goberno do Partido Popular na Xunta, xestos que só obedecen a un sinxelo cálculo de interese persoal, xa que agora lle resulta máis rendíbel apoiar e compartir as posicións reaccionarias do Partido Popular con respecto á normalización do galego”.

3 comentários:

Anônimo disse...

REJOS non cambiou quen mandou cambiar foi Silvia, muller de extrema dereita que agora quita a mascara e quen manda no Concello

Anônimo disse...

Pero se Regos foi sempre de extrema dereita. Ou vos olvidastes de como era cando estaba de tenente-alcalde do PP?

Anônimo disse...

¿ porque o BNG tenlle medo a Silvia? que pasa, os metedes con Regos e Silvia e mais perigosa que 100 regos?