Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

04/05/2009

GALIZA NOVA DE ORDES CRITICA A “ENTREGA EN MAN” DAS AXUDAS POR DESPRAZAMENTO A ESTUDANTES.

A organización xuvenil afirma que Regos obriga aos estudantes a participar nun acto propagandístico.

A finais de abril, despois de que o BNG presentase unha iniciativa no pleno da Corporación Municipal de Ordes solicitando que se resolvesen as axudas para o desprazamento de estudantes, o alcalde, Manuel Regos, comezou a comunicar as resolucións das solicitudes das axudas convocadas en setembro de 2008 para o desprazamento de estudantes de ensino secundario obrigatorio, bacharelato, ciclos formativos e universitarios do Concello de Ordes.

Para Galiza Nova de Ordes é inconcebible que os estudantes ordenses tiveran que esperar máis de medio ano para coñecer a resolución da súa solicitude de axuda, cando o curso escolar xa esta próximo a rematar.

Por outra banda, a organización xuvenil nacionalista considera moi grave que nas resolucións das axudas se estableza como requisito indispensábel para poder percibir a mesma a participación do estudante nun acto publico de entrega das axudas presidido polo alcalde de Ordes, que terá lugar o próximo 9 de maio na Casa da Cultura. Para Galiza Nova non é normal que en pleno século XXI, a entrega destas axudas se realice en man, en lugar de transferilas a unha conta bancaria do solicitante, obrigando aos estudantes a participar nun acto propagandístico do alcalde de Ordes, o que constitúe unha boa proba da actitude “clientelar e caciquil” que caracteriza a Manuel Regos.

Ademáis, desde a organización local das mocidades do BNG, lamentan a falla total de información que sufriron os mozos e mozas de Ordes respecto da resolución destas axudas; así como a ausencia de máis medidas de apoio para os máis novos do Concello, non só no ámbito do ensino senón tamén no eido laboral, xa que nun contexto económico como o actual son moitos os mozos e mozas de Ordes que se ven obrigados a marchar da súa vila para conseguir un emprego, sen que o goberno municipal de Manuel Regos faga nada ao respecto.

7 comentários:

Anônimo disse...

Hoxe estiven recollendo a beca do transporte e sentime humillado e como a min moitos rapaces e rapazas de ordes pola manipulacion politica de Regos e sobre todo pola prepotente e despota de Silvia Marin, co seu sorriso falso e avasallador. Zalo, Ramiro, Maria Xose, moitos temos postos en vos a confianza de que non nos deixedes soios e que a esta Silvia Marin a poñades no seu sitio e descrubades a sua verdadeira faciana dereitista de manipulacion que quere exercer sobre os rapaces e rapazas de ordes.

Anônimo disse...

Como moza sentime tamen humillada e como Silvia e Rejos rindose de todos nos daba esmola en nome de unha casa de Seguros, vergoñento que se queira fazer propaganda a consta nosa, antes non facia caso de vos no IES, AGORA si creo que GALIZA NOVA e necesaria polo que esta a pasar cos mozos e mozas de ORDES. No proximo Pleno si convocades a xuventude a protestar alí estarei. Epero que esta conselleira sexa apartada da vida politica por desprezo e rirse da xente nova de Ordes

Anônimo disse...

Hoxe no pleno foi de noxo, escoiteino por Ordes Astray e escoitar rexeitar a moción do BNG doeume polo meu idioma. Silvia, Rejos, Gonzalez, Pedreira son de ultradereita. Silvia inda tiña mais que dezir e mentir. Caña .

Anônimo disse...

Eu tamén escoitei o pleno pola radio e deronme noxo os do goberno municipal. Estes son como os do PP ou peor ainda como os da falange.

Menos mal que Gonzalo puxoos no seu sitio.

Anônimo disse...

Zalo debera fazer calar a intolerante e narcisista de Silvia.
Espero que oBNG pregunte no Pleno que pagou o viaxe a Arxentina de esta impresentable e de Rejos, cal foi a empresa OVIGA, SOL, RL, VIllaverde, Jaime Castro, cal, pois dos seus cartos non foi e sobre todo Silvia , que non da puntada sin fio.

Anônimo disse...

Non as esmolas de REJOS e SILVIA, os xovenes queremos os nosops dereitos a non ser ninguneados polos caciques de sempre

Anônimo disse...

No proximo Pleno esperamos que o agravio e humillacion que os mozoz e mozas recibimos teñano Silvia e Rejos.