Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

13/12/2007

Documental FRONTEIRAS


En Galiza Nova Ordes temos prevista a realización do noso 1º acto público o próximo 21 de Decembro ás 18:00 h. no Centro Comarcal, onde proxectaremos o documental FRONTEIRAS, un percorrido polos límites xeográficos e culturais de Galicia, de Ruben Pardinhas.


Documental no que se debate sobre a qué comunidade político-cultural deben pertencer as rexións fronteirizas. Nel inclúense entrevistas a xente de Vilafranca do Bierzo e Ponferrada (León), Ibias e El Franco (Asturias), Hermisende e Lubián (Zamora) ou Castro Laboreiro (Portugal) nas que se reflexiona co feito de que moitas veces as divisións administrativas non coincidan coas lindes culturais.
¡CONTAMOS CONTIGO!

Nenhum comentário: