12/05/2008
I CONCURSO DE RELATOS CURTOS en galego.
BASES:
- Poderán participar no concurso todos aqueles autores con idade comprendida entre 10 e 18 anos, que presenten as súas obras en lingua galega.
- Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, non podendo estar premiados nin ter participado noutros certames.
- Cada persoa poderá presentar ao concurso os relatos que desexe.
- Terán unha extensión mínima dun folio e a temática será de libre elección para o autor, coa única condición de estar escritos en lingua galega.
- Enviaranse como documentos adxutos por correo electrónico á seguinte dirección: galizanovaordes@gmail.com indicando nome, apelidos, idade e teléfono de contacto.
- O prazo de admisión de relatos rematará o sábado 21 de xuño.
- Todos os traballos recibidos serán publicados no blog: galizanovaordes.blogspot.com
- O concurso está dotado dun primeiro premio consistente nun diploma acreditativo, un mp3 e unha obra destacada da literatura galega; e dun segundo premio consistente nun diploma acreditativo e unha obra destacada da literatura galega.
- Un xurado, formado por catro membros, valorará os traballos presentados.
- A entrega de premios terá lugar o 28 de xuño, nela lerase o relato gañador do primeiro premio, sendo obrigatoria a presenza no acto dos gañadores do certame.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário