Canle de comunicación dos mozos e mozas que compoñen o Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

12/05/2008

LETRAS GALEGAS 08: Xosé Maria Álvarez Blázquez.



O polifacético Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) lega unha obra literaria considerábel. Cultiva a narrativa, a poesía e mesmo se achega ao xénero biográfico. No eido poético, ás obras Poemas de ti e de min, Roseira do teu mencer, Cancioeiro de Monfero, Romance do pescador peleriño e Canle segredo hailles que engadir varias ducias de poemas dispersos e inéditos que as edicións da súa poesía completa compilan e publican para dar conta da súa verdadeira entidade como poeta.

A súa obra narrativa é maioritariamente castelá, aínda que deixou en galego Os ruíns (1936) e mais A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971). A súa novela En el pueblo hay caras nuevas, que foi finalista do primeiro Premio Nadal en 1945, e mais Crecen las aguas (1956) están hoxe editadas en galego.

Tamén fixo unha incursión na dramaturxia de par do seu irmán Emilio, con quen escribiu as pezas teatrais El zapato de cristal e Los pazos altivos. Ambas as dúas foron estreadas en 1947.

Máis info en www.17demaio.com

Nenhum comentário: