No pasado pleno municipal do 1 de Febreiro de 2008, aprobouse por unanimidade a moción presentada polo grupo municipal do BNG, na que se acorda que o Concello solitará á Dirección Xeral de Xuventude (Dirixida polo nacionalista Rubén Cela Díaz) a adhesión de Ordes á Rede Galega de Locais de Ensaio coa maior celeridade posibel. Na exposición de motivos da mesma citábanse como posibeis locais para cederlle á Dirección Xeral de Xuventude O antigo Centro Médico situado no campo da feira, a escola e a antiga cárcere situadas na rúa de Galiza, ou a construcción anexa ao campo de fútbol municipal de Vista Alegre, entre outras.
Durante o pleno o portavoz municipal do grupo municipal do BNG, Gonzalo Castro, rercordou que a solicitude de adhesión á Rede Galega de Locais de Ensaio debe ser realizada rápidamente, e suxeriu que no pleno extraordinario que se celebrará a próxima semana, se inclua un punto para concretar cal sería o local cedido á Dirección Xeral de Xuventude.
Dende Galiza Nova estamos moi content@s da aprobación da Moción e moi orgullos@s de que o noso traballo se vaia ver reflectido en breve nunha mellora para a Mocidade e a Cultura Ordense.
2 comentários:
Bueno mozos e mozas !!! quérovos dar a noraboa polo voso traballo, de verdade que é de admirar, a seguir así rapaces!;)
Gracias polo voso empeño en conseguir entrar na rede de locais de ensaio, e pola aprobacion da mesma a través do BNG no pleno!!
Sen máis un saúdo e ánimo!!
Ánimo rapazes, que há um posto em Sam Caetano aguardando por vós! ^^
Postar um comentário